viernes, 28 de junio de 2013

OS SOCIALISTAS DE MARÍN PRESENTARÁN UNHA MOCIÓN PARA RENUNCIAR Á TRANSFERENCIA DA TITULARIDADE DA AVDA. DE OURENSE, PROPIEDADE DO MINISTERIO DE FOMENTO.

 O 17 de Outubro de 2007, e dacordo co mandamento da sesión plenaria do concello de Marín celebrada o 11 de Outubre do mesmo ano, O concello de Marín solicitaba ao Ministerio de Fomento a transferencia do principal vial de acceso ao noso municipio, o tramo urbano da PO -11.

Esta transferencia tiña por obxeto formar parte do proceso de negociación que dende ben iniciado o anterior mandato en Xuño de 2007, dera comezo a catro bandas entre o Concello de Marín, a Autoridade Portuaria de Marín, a Consellería de Ordeación do Territorio da Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento, coa finalidade de dar continuidade ao núcleo do noso concello cara ao noso porto e paseo marítimo de Antonio Blanco, facilitar un tránsito máis áxil e seguro polo noso centro e dotar ao noso Porto dunha entrada digna no lugar onde tivo a súa orixe, integrando o paseo marítimo con centro de Marín.

Estas negociacións deron finalmente froito ao convenio de colaboración entre a Autoridade Portuaria, o Concello de Marín presidido por Francisco Veiga e a Consellería de Ordeación do Territorio, para a mellora da seguridade viaria na estrada Avenida de Ourense no núcleo Urbano de Marín, dotado con 8.158.507,73€ firmado polas tres partes o 9 de Febreiro de 2009.

O compromiso do concello consistía en aportar a cantidade de 382.800 €, cantidade transferida polo Ministerio de Fomento en contrapartida pola asunción do vial antes referido PO – 11 no seu tramo no concello de Marín. A trasferencia da Avenida de Ourense supuña para Marín asumir una carga importante no futuro, pero era una carga que co convenio firmado de máis de 8 millóns de € que lle daría un cambio de 180º ao noso centro urbano, era asumible e asumido para os intereses do noso concello e de todolos grupos presentes no pleno do concello que apoiaron por unanimidade ámbolos dous cacordos.

Imaxe de Faro de Vigo
O que ninguén contaba era que dende o goberno do PP Xunta de Galicia, Porto e Concello, un convenio con validez xurídica fose totalmente ignorado sen que a día de hoxe teñamos una explicación por parte dos responsables do goberno galego nin, o máis avergoñante, dos nosos gobernantes do partido popular no concello de Marín que permitiron, sin facer ningún tipo de oposición, que o noso concello perdera una inversión de máis de 8 millons de euros nun momento no que calquer inversión por máis pequeña que fora, é importante e necesaria para a supervivencia do noso sector empresarial e comercial.

No momento actual atopámonos cun convenio denunciado por parte da Xunta e da Autoridade Portuaria polo que en consecuencia non existe, nembargantes, o trámite previo que permitiú o inicio do proceso, a solicitude da transferencia da Avenida de Ourense, sigue en vigor, á espera de que o ministerio atope a partida presupostaria necesaria para facela firme.

Esta transferencia nestas condicións é cando menos perxudicial para o noso concello, e eses 382.800 € que o noso concello recibiría por parte do ministerio non serían contrapartida suficiente para incorporar no noso inventario un vial destas características.
Por este motivo se solicitará ao pleno do Concello de Marín que se acorde renunciar a solicitude do cambio de titularidade do trazado da estrada Po-11 no término municipal de Marín debido a non realización da obra prevista por Xunta, Porto e Concello.

Queremos denunciar a renuncia de María Ramallo a un proxecto tan importante e de futuro para Marín, que transformaría e humanizaría o noso casco urbán e permitiría a súa integración co Paseo Marítimo de Antonio Blanco.

A Alcaldesa, tan acostumada a facer declaracións na prensa sobre calquera tema, neste caso simplemente da a calada por resposta sen explicar porque se renuncia a un convenio firme e vinculante para as partes. A parte de acabar as obras xa iniciadas polo anterior goberno, na actualidade non se ve ningún proxecto de futuro para Marín, o que se poderá ir comprobando co paso dos meses.


domingo, 23 de junio de 2013

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Marín solicita o cese do concelleiro de Facenda.

No pasado pleno os socialistas de Marín reprocharon a pésima xestión económica que está a levar a cabo a Sr.a Ramallo. Na súa intervención solicitouse que o responsable da área o Sr. Santos Costa fose retirado das súas funcións e que estas fosen asumidas por algún compañeiro que sexa capaz de endereitar a situación.

Como probas evidentes deste descontrol podemos destacar:

- A día de hoxe, malia ter maioría absoluta e levar no seu programa electoral que realizarían un presuposto municipal cada ano, pasaron máis de dous anos sen que nin sequera se presentase á corporación o presuposto para a súa valoración e debate.

- O goberno municipal leva case un ano afirmando que a aprobación do presuposto municipal sería cuestión de semanas. De feito o 15 de xaneiro de 2013 o goberno da Sr.a Ramallo afirmaba que en febreiro estaría presentado o novo presuposto. Estamos en xuño e aínda non sabemos nada deste.

- O estado do Servizo de Intervención é caótico. Dende a entrada do novo goberno no concello a situación foi en absoluta decadencia. Á primeira interventora se lle "invitou" a marchar, a segunda interventora despois de facer numerosos escritos criticando a situación do servizo optou por deixar o cargo e o técnico de intervención optou tamén por unha excedencia ante a situación do servizo. Anuncian agora a chegada dun novo interventor que dende logo terá moito traballo ante a situación creada.

- A proba máis evidente deste caos é que é o propio concelleiro quen ridiculamente elabora o presuposto, algo que non aconteceu nunca na historia municipal de Marín nin de ningún outro concello de características similares. Sen dúbida isto débese a que é vítima das súas propias palabras e incumprimentos.


- O Sr. Santos pasouse oito anos na oposición criticando o labor dos anteriores concelleiros de facenda, e prometendo un cambio en canto chegase ao goberno. O cambio dende logo produciuse, pero a peor.

- O Sr. Santos ten unha dedicación exclusiva que nos custa aos marinenses 55.000 € ao ano, cando os anteriores debían compatibilizar o cargo son o seu emprego e custaban dez veces menos aos marinenses.

Á vista de todo o exposto podemos afirmar con rotundidade que:

- O goberno da Sr.a Ramallo está a realizar unha xestión pésima e a proba é que tras dous anos de goberno seguimos sen presuposto municipal.

- O Sr. Santos Costa sáenos moi caro a todos os marinenses ao custarnos 55.000 € ao ano e ser incapaz de levar a área económica.

- Durante estes dous anos si puidemos comprobar como aumentaban un 5% os recibos domiciliados, subía un 10% o IBI e o recibo da auga chegou a duplicar o seu custo.
Por todo iso solicitamos á Sr.a Alcaldesa que cese o Sr. Santos das súas actuais responsabilidades á fronte da concellaría de facenda e nomee a outra persoa do seu equipo que poida endereitar a situación actual.

viernes, 10 de mayo de 2013

Os Socialistas de Marín anuncian que o Concello de Marín perderá subvencións por non ter realizada a liquidación do ano pasado.

A liquidación anual das contas é un dos trámites máis importantes dun Concello porque permite coñecer os gastos e ingresos do ano anterior e poder coñecer os remanentes existentes. Segundo a lei vixente o prazo para a presentación é o primeiro de marzo e os socialistas queremos denunciar que máis de 2 meses despois a Sr.a Ramallo aínda non realizou este trámite tan importante.


Non é a primeira vez que isto lle sucede ao actual equipo do PP, pois a finais do ano pasado o Ministerio de Facenda retivo case 700.000 euros por non presentar ata novembro a liquidación de 2011, tras sucesivas advertencias e ampliacións de prazos. O ano pasado só catro concellos de toda Galicia chegaron a esta vergonzosa situación: Melón, Os Blancos, Antas de Ulla e Marín. Naquela ocasión a escusa da Sr.a Ramallo foi que non se puido presentar a tempo debido á gran cantidade de facturas acumuladas, en boa medida procedentes do mandato anterior". Esta vez a escusa xa non vale porque no exercicio 2012 todas as facturas son do PP e xa levan 2 anos gobernando. De todos os xeitos trátase dun goberno que sempre bota a culpa a alguén, esperemos a ver de quen é a culpa esta vez...

Queremos advertir ademais que a non presentación da liquidación a tempo impide ao Concello de Marín solicitar subvencións, e estamos convencidos que se perderán moitas delas por culpa desta desastrosa xestión municipal. Este feito é especialmente grave nunha época en que todo o diñeiro que vinga a Marín será benvido e no que aos veciños xa se lles subiu todo tipo de taxas municipais. Tempo teremos de comprobar as consecuencias desta desastrosa xestión.
Queremos deixar de manifesto a incapacidade da alcaldesa e o seu equipo en numerosos aspectos, pero especialmente no económico. A día de hoxe e tras 2 anos de goberno a Sr.a Ramallo foi incapaz coa súa maioría absoluta de realizar un presuposto municipal, malia levar no seu programa electoral que faría un cada ano. Recordámoslle que o goberno anterior, a estas alturas levaba máis de medio ano gozando dun presuposto novo.
Ademais a situación do servizo de intervención degradouse enormemente dende a chegada da Sr.a Ramallo, e proba diso é que se vai contratar o terceiro interventor nos 2 anos de goberno da Sr.a Ramallo. Unha interventora foi "invitada a marchar e a outra foise forzada pola insoportable situación do servizo.

jueves, 2 de mayo de 2013

Os Socialistas de Marín critican as reiteradas mentiras da Sr.a Ramallo en relación coa obra de Acuanorte.

Os socialistas de Marín queremos denunciar publicamente as continuas mentiras e medias verdades que a Sr.a Ramallo traslada aos veciños, co único obxectivo de que non coñezan a verdade do convenio de Acuanorte que ela pretende levar a cabo.

1. A mentira máis grave e perigosa fai referencia ás declaracións onde, cunha ambigüidade calculada, afirmaba a alcaldesa que "a nosa intención é non subir o recibo, e que o custo da obra non se repercuta aos veciños". Pois ben, no convenio asinado por ela asume o compromiso de que o Concello de Marín "repercutirá aos usuarios finais aos que distribúe a auga (...) os conceptos das tarifas a aboar a Acuanorte".

Para nós é especialmente grave polo seguinte:

- Non se trata de se quere ou non repercutir o custo, é que xa asinou un convenio onde se compromete a repercutirnos os usuarios finais o custo da obra mediante o recibo da auga.

- O Concello de Marín perde a capacidade de fixar o prezo da auga subministrada, que pasará a fixalo Acuanorte a través da Comisión de Seguimento, onde a empresa conta coa maioría dos votos.

- O convenio asinado establece que nas tarifas se deberá repercutir o gasto da obra, as deterioracións contables de valor, os gastos xerais, os de funcionamento, os de explotación, os de conservación ou calquera outro como impostos ou indemnizacións en que incorra Acuanorte.

- A Sr.a Ramallo coñece perfectamente esta situación e trata de enganar a todos os veciños, non obstante o convenio é moi claro respecto á obrigatoriedade de subir as tarifas. Como di o refrán: "onde hai papeis calan barbas".


2. A obra de Acuanorte, por moito que diga a Sr.a Ramallo non é imprescindible e existen alternativas máis económicas e menos gravosas para os veciños de Marín.


3. Non imos entrar no falso debate de se o trazado debe ir por aquí ou por alí, porque consideramos que o proxecto debe ser reformulado dende a base.
Dende o partido socialista volvémoslle solicitar publicamente unha reunión á que asistan os técnicos de Acuanorte, os técnicos municipais, os grupos políticos e os representantes das plataformas de afectados. Esta reunión debe servir para coñecer o proxecto, as posibles alternativas a este e poder determinar entre todos a alternativa menos mala, xa que será un investimento millonario que nos tememos que apenas mellorará a situación actual.

Cada día xórdennos máis dúbidas sobre todo o proxecto, por exemplo:
- Canto se vai encarecer o proxecto polo novo trazado que se presentou onte aos veciños??
- Como afectará o novo trazado no deseño e custo dos bombeos??
- Como solucionamos o problema de auga en todos os núcleos por enriba da cota de subministración??
- Sería posible conseguir o mesmo fin mellorando a actual rede de subministración, de bombeos e de depósitos existentes??
- Porque é necesario triplicar o recibo da auga a todos os usuarios se a obra apenas beneficiará ao 10% da poboación de Marín?? Podemos beneficiar a ese 10% de poboación cunha obra menos custosa??

Pedímoslle a Alcaldesa que recapacite, que estaremos a pagar entre todos as súas malas decisións ata o ano 2059 e que o recibo da auga se triplicará pola súa culpa, aínda que para alguén que gaña 8.000 € ao mes quizais iso lle sexa indiferente.

miércoles, 26 de diciembre de 2012

A firma do convenio con Acuanorte custará ao Concello 2,3 millóns de euros sen que se trate dunha competencia municipal.



No pleno desta semana aprobouse cos votos do Partido Popular, e o rexeitamento do PSOE, Mar-In e BNG, o convenio entre o Concello de Marín e a empresa estatal Acuanorte. Trátase do mesmo convenio que cando estabamos no goberno consideramos lesivo para os intereses de Marín. Rexeitámolo antes cando tiñamos responsabilidades de goberno e seguímolo facendo agora. Razóalas do noso rexeitamento, entón e agora, son as mesmas. Trátanse de razóns de peso e entidade suficiente como para pedir á Sra. Ramallo que recapacite a súa postura que únicamente leva á perda da autonomía municipal na xestión do auga e á inevitable subida do prezo da mesma, por moito que insistan en que non alterará o prezo actual que os marinenses pagamos pola mesma.As razóns polas que mostramos o noso rexeitamento son as seguintes:

1. Trátase dunha obra que non é de competencia municipal: No convenio os únicos organismos que poñen diñeiro son a Unión Europea a través dos fondos FEDER (70%) e o Concello de Marín (30%), posto que o diñeiro que pon Acuanorte teralle que ser devolto na súa totalidade. Non figura con todo Augas de Galicia da Xunta, que é o organismo que ten a competencia de fornezo de auga á poboación e xa que logo non debemos asumir os marinenses o custo da obra. 

2. É unha obra custosa que non mellora o servizo actual ao 90% da poboación: Pese a ter un custo de contorna dos 5,7 millóns de euros (sen contar custos de expropiación nin modificacións de obra que van con cargo ao concello), a obra non supoñerá unha mellora do actual servizo para prácticamente ninguén. No núcleo urbano, onde se concentra a inmensa maioría da poboación marinense, non se vai a notar ningunha mejoría do servizo actual. A cota pola que discorre a canalización desde o Lérez vai impedir que boa parte de San Xulián, Santomé, Ou Campo ou Ardán poidan beneficiarse de devandita obra. Xa que logo subirase o recibo ao 100% dos veciños e o 90% dos mesmos non terá ningunha mejoría sobre o servizo actual.

3. Custará 2,33 millóns de euros ao concello, dos cales 630.000? serán intereses bancarios. O Concello de Marín pagará como mínimo 2,33 millóns de euros que terá que abonar directamente pola obra con cargo a préstamos solicitados a entidades bancarias, que cobrarán 630.000? en intereses. Isto vai provocar que se duplique a taxa de endeudamiento actual do concello, dificultando no futuro a posibilidade de acometer obras que realmente teña que pagar o concello de Marín por ser da súa competencia.

4. O concello cede a xestión do auga a un empresa que pon cero euros de investimento: O custo das tarifas a abonar polos usuarios finais será regulado pola Comisión de Seguimiento que se creará para ese efecto, na que Acuanorte resérvase o control da mesma ao ter o voto de calidade do Presidente da Comisión que representa a Acuanorte. Por este motivo calquera decisión relativa a subida de taxas, novas obras a acometer, privatización do servizo, etc. será de obrigado cumprimento para o concello, supoñendo unha gravísima perda da autonomía municipal á hora de fixar por exemplo o prezo do auga aos veciños. Quen é esta empresa, que non pon nin un só euro en toda a obra, para acabar controlando todo o fornezo de auga en Marín???

5. O convenio triplicará o custo actual do auga. A partir de agora será obligatorio que a totalidade do custo do servizo repercútase na tarifa, debendo tamén asumir os custos da expropiación (non contemplados ata hora), os gastos de mantemento e conservación da infraestructura, etc. o que segundo os nosos cálculos e experiencias similares supoñerá triplicar o recibo.

6. É o primeiro paso para a privatización do servizo do auga: unha vez finalizadas as obras con diñeiro público o seguinte paso será a adjudicación do servizo a unha empresa privada.

7. María Ramallo hipoteca ao concello ata o 2039: o Partido Popular firma agora este mal convenio cos votos en contra de PSOE, BNG e Mar-In e hipoteca a todos os gobernos municipais ata o 2039 que terán que pagar a súa mala xestión xunto cos veciños.

Polos motivos expostos é polo que nos opuxemos a este convenio cando tiñamos a responsabilidade de gobernar, e volvémolo a facer agora, xa que se trata dunha obra moi custosa, que non é da nosa competencia e que vai obrigar a triplicar o custo do recibo do auga a todos os veciños, sen que apenas supoña mellora sobre o actual servizo para a inmensa maioría dos marinenses. Por estes motivos pedímoslle á Sra. Ramallo que recapacite e rectifique, posto que este convenio é moi negativo para os intereses xerais do Concello de Marín e dos marinenses. 

viernes, 19 de octubre de 2012

Valeriano Gómez: "Debemos propiciar un cambio en la Xunta para luego cambiar Marín"


O pasado 18 de Outubro, Valeriano Gómez o exministro de Traballo, visitou Marín, nun mitin realizado na Biblioteca municipal Vidal Pazos, entorno ás 20h30. Nese acto de campaña falouse da crise, do cambio necesario para Galicia fronte as políticas de recortes e mentiras que tanto Rajoy a nivel estatal, como Feijóo a nivel autonómico están a levar a destrucción do benestar social e os servizos públicos. Aínda que tamén houbo tempo para falar de Marín, e o noso compañeiro e portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Marín, Francisco Veiga, denunciou a política electoralista que a popular María Ramallo está a levar a cabo dende o seu goberno municipal: "política de pan y fiesta". Adxuntámosvos a nova de Faro de Vigo na que poderedes acceder a máis datos.


F.M. - MARÍN El gobierno local de Marín no tiene más gestión que "continuar los proyectos que nosotros iniciamos, con los fondos que nosotros logramos" -afirmó el portavoz del grupo municipal socialista, Francisco Veiga-, al margen de una "política de pan y fiesta" para contentar a una parte del electorado. El exalcalde de Marín lamentó la "falta de ideas y de nuevos proyectos" del gobierno que preside María Ramallo, durante el mitin celebrado ayer en la biblioteca municipal, que contó con la asistencia del ex ministro de Trabajo Valeriano Gómez, y las candidatas al Parlamento de Galicia Carmen Gallego y Carmen Villanueva.
En clave local, las candidatas socialistas afirmaron que una gran mayoría de marinenses comienza a echar de menos un gobierno socialista al frente del Concello, ante la experiencia del actual gobierno conservador. Solicitaron por ello "un cambio en la Xunta de Galicia, como anticipo a un cambio en el Concello, en favor de los trabajadores".

jueves, 11 de octubre de 2012

Jesús Caldera visita Marín para falar de emprego.

O pasado 11 de Outubro, Jesús Caldera visitou Marín acompañado de traballadores do Juan XXIII, reuniuse con militantes, promotores e orientadores de empleo, despedidos polo goberno e a Xunta de Galicia, así coma con representanres dos núcleos do litoral.

El Vicepresidente de la fundación Ideas, Jesús Caldera, participó el pasado 11 de octubre, en el marco de la campaña para las elecciones gallegas, en un encuentro en Marín (Pontevedra) con agentes de empleo, con quienes analizó la crisis y sus consecuencias en el mercado laboral.

Caldera destacó que en 2008 el Gobierno socialista puso en marcha un programa de agentes de empleo y, que tal y como recomiendan desde el FMI o la Comisión Europea, son elementos dinamizadores de la política económica para que los desempleados logren un nuevo puesto laboral. En defensa de ese papel, anunció que los socialistas presentaran en el Congreso varias enmiendas a los Presupuestos Generales del Estado para recuperar la figura de los orientadores laborales.

Consecuencias negativas de la reforma laboral

Por otro lado, Jesús Caldera alertó de las consecuencias negativas en el mercado laboral de los recortes que contienen los Presupuestos Generales del Estado para 2013 y mostró su rechazo a la reforma laboral impulsada por el Gobierno del PP.


                                                         Fonte: